Deixar un comentario

St. James Street Band (O Morrazo)

A música soa, na túa mente aparecen curtas saias vermellas que agochan longas pernas con medias enreixadas… a túa cabeza sitúase nalgún cabaret de Storyville, en New Orleans, ou de Chicago. Saes e empezas a escoitar o mítico “St James Infirmary”, levantas a cabeza, e na outra beira da rúa aparecen…St James street band.
 
A banda nace de levar o jazz á rúa, de dar a coñecer estilos como o dixieland ou o “second line”, e que soe outra vez nas rúas a alegre música de baile dos anos 20. Un amplo repertorio con temas frenéticos, e mélancólicos, que recrean a situación social da época “felices anos vinte, tristes anos trinta”.
 
 A formación a cuarteto, con instrumentación de trompeta, saxo, tuba e batería, soe ser a máis habitual da St James street band; pero pode variar en función das esixencias da actuación, podendo convertirse en quinteto, sexteto ou septeto, engadindo instrumentos como o banjo, o trombón ou o clarinete. En actuacións sobre un escenario incluso podería engadirse un contrabaixo e/ou un piano. O ritmo, a calidade musical e o bo humor son a tarxeta de visita da St. James street band.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: