Deixar un comentario

Música

Algo de historia…

Como é lóxico, non podemos falar de Lindy Hop, nin de calqueira outro estilo de baile, sen falar da música. A pesar de que coincidimos bastante con aquilo que dicía Zappa -”falar de música, é como bailar de arquitectura”- imos arriscar, aínda que sexa en tres ou catro pinceladas, para contextualizar mínimamente por qué os lindyhoppers bailaban dunha forma tan tola.

A finais dos anos 30 nace o swing como un estilo derivado do jazz. Unha das grandes innovacións é a importancia que adquire a batería, liberando as súas antigas restricións rítmicas. Tal vez isto non foi casualidade, Chick Webb á batería e a sua orquestra, que tocaban de maneira estábel no Savoy Club son considerados pioneiros do swing.

Colección de solos de batería da Big Bands Era

A formación máis habitual do swing era a de grandes formacións, por iso se chamou Big Bands Era ás décadas dos 30 e os 40. Entre estes grandes combos destacan as orquestas do xa mencionado Chick Webb, así como as bandas de Duke Ellington, de Count Basie, ou de Benny Goodman. Estas big bands en ocasións funcionaron como plataforma de lanzamento de xoves vocalistas, como foi o caso de Ella Fitzgerald, cantante na Chick Webb’s Orchestra, ou Billy Holliday, que realizou colaboracións con Count Basie e con Benny Goodman, entre outros.

Botando unha ollada ás orixes desta modalidade jazzística, chamada swing, e comparándoa coa orixe do Lindy Hop, podemos dicir que ambas se xeraron en conxunto. De feito, ata poderíamos asegurar que neste caso, como acontece en moitas outras músicas populares, o baile non está subordinado á música, se non que son interdependentes mutuamente. Os propios músicos de swing aparecían con frecuencia bailando Lindy Hop ou outras modalidades de bailes de jazz, e, como curiosidade, en ocasións as bandas de swing, moi abertas á improvisación, executaban sons, ritmos, pausas ou melodías para adaptarse ás persoas que bailaban na pista.

Hilda Rogers – “Every Day Is Saturday In Harlem” (1941)

Sen embargo, e a pesar da gran fama que alcanzaron as Big Bands grazas a ser un estilo amplamente aceptado pola burguesía branca, o gran número de membros fixo que, dende un punto de vista económico, se convirtisen nunha formación moi difícil de manter. Mais moitos artistas membros de Big Bands conservaron o estilo swing, ou imprimíronlle algunhas innovacións que foron moi ben recibidas. Este é o caso de Louis Armstrong, que foi saxofonista nunha gran cantidad de reputadas orquestras dende 1918 ata 1947, ano no que reduciu a súa banda a seis instrumentos, grupo que se chamaría The All Stars e dende o que se gravaron grandes cancións como “Hello Dolly”.

Poderíamos continuar escribindo páxinas e páxinas para mencionar a figuras como Nat King Cole, Peggy Lee, Slim & Slam, Ray Charles e tantos outros que nos deixamos, mais a conclusión é que non acabaríamos xamais, de feito probabelmente nunca o fagamos, porque pouco a pouco iremos ampliando esta sección.

Fontes: lindyhopportugal.com    wikipedia.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: