Deixar un comentario

Inspírannos…

Este apartado do blog está adicado a todas aquelas persoas que dun xeito ou outro nos inspiran para continuar aprendendo e difundindo o Lindy Hop. Polo de agora tan só aparecen algunhas desas persoas que tanto nos inspiran, pero atentos a esta sección porque medrará e medrerá…
 

Abeth Farag

Grandísima profesional. Vela bailar nas festas é puro espectáculo, aínda que baile coa persoa que empezou onte con isto do Lindy Hop. E nas clases, é perfeccionista, mais sen que falten nunca os risos, as enerxías e un gran positivismo.

O Lindy Hop en Portugal pódese dicir que é un grandísimo fenómeno que ela creou. Chegou hai 5 anos da sua natal California para dar clases de inglés, mais o seu corpo pedíalle bailar… por iso, ademais de continuar a súa formación en danza foi creando clases e obradoiros, e hoxe por hoxe conta con uns 200 alumnos entre Lisboa e Oporto. Un gran exemplo a seguir, verdade?

Ademais, queremos agradecerlle toda a forza e o apoio que nos deu dende que antes de que comezara este proxecto. A súa confianza foi fundamental para o nacemento de Lindy Hop Bueu, e seguirá séndoo para a súa evolución. E despois disto, quén quere ir a Portugal a coñecela a ela e a toda a comunidade de lindyhoppers portugueses? Unha boa oportunidade sería durante o próximo Atlantic Swing Festival, mais se queredes ir antes contactade con nós e darémosvos máis detalles.

João Guedes (DJ Joe)

Seguindo con parte do equipo de persoas que deixaron unha importante pegada en nós dentro do equipo de Lindy Hop Portugal, está este gran profesor, que coa súa musicalidade e bo humor nos contaxiou o seu amor polo Lindy Hop durante o ano que foi o  noso profesor en Oporto. Ogallá nos contaxiara tamén o seu estilazo, mais niso estamos seguros de que é inigualábel…
De pequeno viu a película A day at the Races dos Irmáns Marx (1937) e alucinou coas escenas nas que aparecía o Lindy Hop, el xa quiso aprender aquela loucura de baile, mais non tivo oportunidade ata que, en 2007, se converteu nun dos primeiros alumnos que tivo Abeth Farag en Portugal.

Actualmente, ademais de dar clases de Lindy Hop, é o responsábel dos temazos que se escoitan nas festas de swing que se organizan en Oporto e é activo organizador de moitos destes eventos. É tamén o responsábel, xunto a Rui Ferreira, do intercambio entre lindyhoppers a nivel internacional que se organiza anualmente en Oporto: Porto Swing Jam.

Mención especial facemos a Diana Rocha, a que foi a nosa profesora xunto a João Guedes, e que tamén foi unha gran inspiración e coa que demos os nosos primeiros pasiños e patadas ao aire, e grazas á que aprendimos a non marearnos cando facíamos piruetas! Tivemos uns profesores de luxo.

Frida Segerdahl y Skye Humphries

Moitos falan desta parella de baile como os mellores lindyhoppers do mundo na actualidade. Non estamos seguros de se é así ou non, mais o que temos claro é que pasma a naturalidade e musicalidade que desprenden ao bailar. Non abusan de pasos aéreos e movementos excesivamente complexos, non o necesitan, o seu estilo baséase na sinxeleza conseguindo que os pasos máis faciliños luzan moitísimo.

Na pasada edición do Atlantic Swing Festival celebrada en Oporto tivemos a gran oportunidade de asistir a algúns dos seus obradoiros, e ademais de parecernos persoas completamente próximas e amigables, conseguimos interiorizar máis que pasos novos, sensacións novas á hora de bailar Lindy Hop.

Atención! Na próxima edición do Atlantic Swing Festival estarán outra vez! Nós non nos vamos a perder iso! Se queres vir connosco, dínolo.

Frankie Manning


Poderíamos escribir páxinas e páxinas sobre o alcuñado embaixador do Lindy Hop. Ademais de ser un dos fundadores do Lindy Hop durante os anos 30, foi un dos responsábeis do impulso que volveu a tomar a partir dos anos 80. Frankie bailou e ensinou ata o ano 2009, ano no que morreu aos 95 años -¿será que bailar che alonga a vida?-.

Ademais de ter bailado con el en sonos unhas cantas veces, non tivemos a sorte de coñecelo, mais iso non quita para que sexa unha gran fonte de inspiración, e non só polo seu xeito de bailar, senón tamén polo seu carácter, a súa forma de ser. Non hai máis que ver os seus vídeos para saber que era unha grandísima persoa, feito que afirman tódalas persoas que tiveron contacto con el. Cando Frankie aparecía nunha festa, non se ía ata bailar con tódalas rapazas que había por alí, soubesen ou non bailar Lindy Hop.

 
Fontes:  www.lindyhopportugal.com      www.yhbt.livejournal.com
 www.frankiemanning.com       www.wikipedia.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: