Deixar un comentario

Que é o Lindy Hop

En teoría o Lindy Hop pódese resumir como un baile social por parellas, que ten a súa orixe no Harlem dos anos 30 e báilase a ritmo de Swing principalmente. Na práctica, é moito máis que iso, é aditivo e cando te queres dar conta convértese nun xeito de vida.

Orixes

  Agora imaxinade, estamos a mediados dos   anos    20 no corazón de Harlem. A I Guerra Mundial rematou, e a gran depresión dos anos 30 aínda non chegou, vívese un espírito de despreocupación que se fai notar na axitada vida nocturna neoyorquina.

No Savoy Ballroom, un dos poucos lugares onde se permite a entrada de afroamericanos, a banda de Chick Webb, acompañados por unha novísima Ella Fitzgerald organiza batallas con outras Big Bands que veñen de fóra como as de Benny Goodman e Count Basie.

¿Quén podería quedarse parado nunhas circunstancias semellantes?

A xente baila, ríe, divírtese e disfruta dun periodo de entreguerras nun lugar idílico no que negros e brancos bailan e divírtense xuntos. No Savoy Club, xusto na esquina dereita do escenario, está aquel grupo de persoas que a xente comenzou a chamar “Os Gatos”. Son os mellores bailando, e alí, copiando pasos uns dos outros, inventando algúns novos e sobre todo, divirtíndose, nace o Lindy Hop, cando comezan a incorporar posicións abertas ao Charleston.

The Whitey´s Lindyhoppers

Xa en 1935, un grupo de bailaríns do Savoy crea un grupo profesional, The Whitey’s Lindyhoppers, entre os que se encontra Frankie Manning, tamén coñecido como o embaixador do Swing. Eles danlle un gran impulso ao Lindy Hop, xa que ademais de continuar adicándose ao baile social, participan en musicais de Brodway e películas (¡non vos perdades este fragmento de Hellzapoppin!).

Sen embargo, o maior boom publicitario que experimenta o Lindy Hop é cando en 1945 a revista Life lle dedica unha espectacular portada e unha extensa reportaxe, declarándoo baile nacional dos Estados Unidos.

 O malo é que tal vez xa é algo tarde, dende que estala a II Guerra Mundial algúns dos Whitey’s Lindyhoppers teñen que se alistar no exército, como é o caso de Frankie Manning. Ao acabar a guerra xa non se fai música Swing, en 1947 Manning crea o grupo Congaroos, pero disólvese en 1955. E comeza a súa carreira laboral no equivalente aos nosos Correos (Postal Service).

O Lindy Hop hoxe

Na década dos 80, cando parecía que o Lindy Hop formaba parte dunha historia xa difícil de recuperar, Al Minns, que fora membro dos Whitey’s Lindyhoppers, contacta con Frankie Manning e xuntos comezan a dar clases e revivir o espíritu do Lindy Hop tanto dentro como fóra dos Estados Unidos. Grazas a eles o Lindy Hop atópase hoxe en activo e en plena forma.

Así como sucedía nas décadas dos anos 20, 30 e 40, podemos disfrutar de dúas modalidades de Lindy Hop. Unha a un nivel máis profesional con exhibicións e competicións que se celebran por todo o mundo, e unha máis underground que é o baile social, onde as persoas se reúnen en algún lugar para escoitar música swing e bailar libremente con uns e con outros sen ningún espíritu competitivo e coa única intención de pasalo ben.

Festa Swing en Lisboa

Ademais de Lindy Hop Bueu, que acaba de aparecer e está aínda en fase de consolidación, podemos atopar outras comunidades de lindyhoppers e escolas onde aprender Lindy Hop e poder bailar socialmente.  Se visitades a nosa sección de ligazons podedes acceder a informacións de outros lugares onde  aprender Lindy Hop e outros bailes Swing.

(Por favor, se tes unha escola especializada, eres membro dunha organización ou calqueira outra cousa relacionada co Lindy Hop e non apareces nas ligazóns  por favor, contacta connosco e engadirémoste)

O baile social

Gústannos todas as modalidades do Lindy Hop e outros estilos para bailar Swing, mais non o podemos ocultar, o que máis nos gusta é o baile social. Chegar a unha festa, escoitar a música e ver como a xente se vai animando… bailar con uns, con outros, cos que bailan moi ben, cos que están en fases iniciais,  cos que é a primera vez que bailan, e incluso botar un baile só se é o que che pide o corpo!

Un bo exemplo de como se vai caldeando o ambiente nunha festa ata chegar a límites de tolemia témolo nesta curtametraxe de Roger Tilton chamada Jazz Dance de 1954, rodado  no Central Plaza Dance Hall de Nueva York.

 
Fontes:  lindyhopportugal.com       wikipedia.com    bcnswing.com    frankiemanning.com 
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: