Deixar un comentario

Festa tributo a Frankie Manning

Domingo 25 de Maio – 12h
Na véspera do cen aniversario do nacemento de Frankie Manning (26 de maio do 1914), bailarín e coreógrafo afroamericano, coa única intención de pasalo ben, imos celebrar unha festa homenaxe a un dos pais do Lindy Hop cunha sesión vermú de baile e Swing ao vivo da man dos alumno de Swing On School. A música estará a cargo da St. James Street Band, composta por: Javier Pereiro “GDJazz”, trompeta; Óscar Prieto, tuba; Sarunas Pupelis, clarinete; Chus Pazos, batería; e “Cabe”, banjo.Como farán os lindyhoppeiros de todo o mundo, os alumnos de Swing On School apúntanse á realización da coreo oficial do Frankie100. Un día moi especial no que celebramos o nacemento non só de Frankie, se non tamén de dúas persoas imprescindíbeis na escenta do swing galego, Laura e Sofía!Colaboración de 2€ a maiores ca primeira consumición.
Festa tributo a Frankie Manning
Deixar un comentario

Novo grupo de iniciación ao Lindy Hop en Vigo

O próximo 9 de Maio, Swing On School inicia un novo curso de iniciación ao Lindy Hop en Vigo. As clases terán lugar todos os venres de 20 a 21.30h en Teatro Danza Atrezo. Máis informaciónCartel

Deixar un comentario

Presentación do Swing On Festival

Esta fin de semana estaremos en dous puntos de Vigo presentando o Swing On Festival. Como podedes imaxinar, a presentación estará protagonizada pola mellor música swing e o baile.

O sábado 5 estaremos no vermú de La Juakina (Ronda Don Bosco, 7) e o domingo 6 en O Feirón de Bouzas. Nos dous eventos haberá un obradoiro gratuíto de Lindy Hop, e estaremos acompañados de Tap Dance Vigo e do grupo de claqué Ironfeet and the Shuffle Gals que farán música cos pés. Despois pinchada swing e todos a bailotear!

Deixar un comentario

Ghastas pista minha rula?

Aproveitando a pausa entre diluvios, Taberna O Rincón organiza para a vindeira fin de semana de solciño unha sesión vermú de Lindy Hop, onde poderemos escoitar música e bailar libremente, coa única intención de pasalo ben. A nosa oportunidade de botar os primeiros bailes ao sol do ano!!

Para bailar con uns, con outros, cos que bailan moi ben e cos que están comezando, cos que é a primera vez que bailan, ou incluso botar un baile só, contamos contigo o domingo 9 de marzo ás 12 da mañá na rúa Cega.

Ghastas pista miña rula

 

Evento en Facebook

Deixar un comentario

Clase aberta de Lindy Hop iniciación

¿Que é unha clase aberta de Lindy Hop?

É unha clase gratuíta para que saibas como son as clases de Lindy Hop que impartimos, e se che gusta podes continuar no curso que abriremos no mesmo horario se hai suficientes interesados.

E se xa tes claro que queres apuntarte ás clases regulares todos os sábados ás 19.30h, asegúrate a túa praza cubrindo o formulario de inscrición. Xa hai algúns inscritos, pero ainda quedan prazas.

Aproveita esta oportunidade de probar gratis o Lindy Hop! Queremos coñecerte! 

Pincha aquí para ver o evento no Facebook

 

Asi foi a primeira clase aberta no Mid Century

Deixar un comentario

Festa Big Love Swing coa actuación da Big Bang Band

O próximo venres 14 de Febreiro, organízase un evento moi especial para todos os namorados -namorados da música, namorados do baile, namorados das risas…-.

Teremos a actuación da Big Bang Band, unha banda de swing jazz formada por 15 músicos, que veñen dende Vigo para facer bailar a todo o que pase polo SalaSon esa noite máxica.

Si, noite máxica, e non é só unha forma de falar… Tamén teremos um espectáculo de maxia da man de Carlos Tomico! E por se fora pouco, actuacións de claqué do grupo Ironfeet & The shuffle gals, lideradas pola profesora de Tap Dance Vigo, Carmen Buendía.

E este planazo por só 5€. Esperámoste no SalaSon a partir das 10.30h!

Se queres apuntarte ao evento no Facebook pincha aquí.

Cartel Big Love Swing

Deixar un comentario

Festa Lindy Hop en La Caja (Vigo) + Clase aberta

O sábado 25 de Xaneiro, La Caja (Vigo), organiza unha Festa Lindy Hop gratuíta!! Lindy Hop Bueu estará alí para por a mellor música Swing!! Se tes curiosidade por saber que é o Lindy Hop, comezaremos de 23h a 24h con unha clase aberta. Estades todos convidados!  https://www.facebook.com/events/606449159409993/

Lindy La Caja