Deixar un comentario

Presentación do Swing On Festival

Esta fin de semana estaremos en dous puntos de Vigo presentando o Swing On Festival. Como podedes imaxinar, a presentación estará protagonizada pola mellor música swing e o baile.

O sábado 5 estaremos no vermú de La Juakina (Ronda Don Bosco, 7) e o domingo 6 en O Feirón de Bouzas. Nos dous eventos haberá un obradoiro gratuíto de Lindy Hop, e estaremos acompañados de Tap Dance Vigo e do grupo de claqué Ironfeet and the Shuffle Gals que farán música cos pés. Despois pinchada swing e todos a bailotear!

Advertisements

About Lindy Hop Bueu

Estamos a fináis dos anos vinte no corazón de Harlem, no clube Savoy Ballroom as bandas interpretan os ritmos sincopados e as caóticas melodias do jazz, do swing e do charleston. Nun canto, á dereita do escenario un grupo de persoas bailan e bailan e bailan como se non existise mañán, contaxiando toda a súa enerxía a todos os que alí están. A xente copia pasos que ve, modifícaos e inventa outros novos ata que nace o que se chamou Lindy Hop -que nós coñecemos como os bailes tolos das películas antigas-. Dende Lindy Hop Bueu pretendemos revivir a pequena escala este espírito de baile e diversión na nosa vila mariñeira.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: