Deixar un comentario

Festa Big Love Swing coa actuación da Big Bang Band

O próximo venres 14 de Febreiro, organízase un evento moi especial para todos os namorados -namorados da música, namorados do baile, namorados das risas…-.

Teremos a actuación da Big Bang Band, unha banda de swing jazz formada por 15 músicos, que veñen dende Vigo para facer bailar a todo o que pase polo SalaSon esa noite máxica.

Si, noite máxica, e non é só unha forma de falar… Tamén teremos um espectáculo de maxia da man de Carlos Tomico! E por se fora pouco, actuacións de claqué do grupo Ironfeet & The shuffle gals, lideradas pola profesora de Tap Dance Vigo, Carmen Buendía.

E este planazo por só 5€. Esperámoste no SalaSon a partir das 10.30h!

Se queres apuntarte ao evento no Facebook pincha aquí.

Cartel Big Love Swing

Advertisements

About Lindy Hop Bueu

Estamos a fináis dos anos vinte no corazón de Harlem, no clube Savoy Ballroom as bandas interpretan os ritmos sincopados e as caóticas melodias do jazz, do swing e do charleston. Nun canto, á dereita do escenario un grupo de persoas bailan e bailan e bailan como se non existise mañán, contaxiando toda a súa enerxía a todos os que alí están. A xente copia pasos que ve, modifícaos e inventa outros novos ata que nace o que se chamou Lindy Hop -que nós coñecemos como os bailes tolos das películas antigas-. Dende Lindy Hop Bueu pretendemos revivir a pequena escala este espírito de baile e diversión na nosa vila mariñeira.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: