Deixar un comentario

Este nadal non paramos de bailar!

Durante este nadal o swing non para. Temos dúas actividades preparadas para os dous últimos días do ano, e despedir así o 2013 do mellor xeito posíbel.

Obradoiro de Balboa no SalaSonO día 30 Cris Balboa volve ao Morrazo para ensinarnos algúns pasos máis deste elegante baile. Se estiveches no anterior obradoiro xa sabes que non podes faltar, e se non estiveches, agora tes unha oportunidade de resarcirte. Será de 20:30 a 22h, no SalaSon (rúa do Lirio 30, Cangas) e por só 5€Vintage Party Celebration

E en fin de ano temos preparada unha gran festa na mesma sala canguesa, a partir da 1h poderes disfrutar da mellor música swing e botar uns bailes para recibir o 2014 con alegría. A entrada custa 20€ e inclúe 4 consumicións, canapés e cava. Non poderás atopar un plan mellor para esa data!

Advertisements

About Lindy Hop Bueu

Estamos a fináis dos anos vinte no corazón de Harlem, no clube Savoy Ballroom as bandas interpretan os ritmos sincopados e as caóticas melodias do jazz, do swing e do charleston. Nun canto, á dereita do escenario un grupo de persoas bailan e bailan e bailan como se non existise mañán, contaxiando toda a súa enerxía a todos os que alí están. A xente copia pasos que ve, modifícaos e inventa outros novos ata que nace o que se chamou Lindy Hop -que nós coñecemos como os bailes tolos das películas antigas-. Dende Lindy Hop Bueu pretendemos revivir a pequena escala este espírito de baile e diversión na nosa vila mariñeira.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: