Deixar un comentario

Comezamos o novo curso!

En Outubro comeza o novo curso de Lindy Hop. No apartado de Clases do blog tes toda a información que necesitas sobre as clases deste ano.

En Bueu continuaremos os sábados pola mañán co curso que comezou a no pasado, no mesmo lugar e co mesmo horario, de 11:30 a 13h no Aturuxo Bar.  E como novidade comezamos un novo curso de iniciación en Cangas, no SalaSon, todos os mércores de 20:30 a 22h, a partir de mércores 2 de Outubro.

Xa te podes inscribir a través do seguinte formulario. Recordamos que o prezo é de 15€ ao mes por persoa, ou 25€ por parella se vos apuntades xuntos, así que intenta buscar alguén con quen vir e inscríbete, as prazas son limitadas!

 

 

Advertisements

About Lindy Hop Bueu

Estamos a fináis dos anos vinte no corazón de Harlem, no clube Savoy Ballroom as bandas interpretan os ritmos sincopados e as caóticas melodias do jazz, do swing e do charleston. Nun canto, á dereita do escenario un grupo de persoas bailan e bailan e bailan como se non existise mañán, contaxiando toda a súa enerxía a todos os que alí están. A xente copia pasos que ve, modifícaos e inventa outros novos ata que nace o que se chamou Lindy Hop -que nós coñecemos como os bailes tolos das películas antigas-. Dende Lindy Hop Bueu pretendemos revivir a pequena escala este espírito de baile e diversión na nosa vila mariñeira.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: