Deixar un comentario

Obradoiro de iniciación gratuíto no SalaSon

Obradoiro SalaSon

O próximo mércores 21 de Agosto estaremos no SalaSon (Cangas do Morrazo) para realizar un novo obradoiro de iniciación ao Lindy Hop. Terás unha nova oportunidade de descubrir este divertido baile, ou afianzar eses primeiros pasos que xa deches connosco. Todo acompañado, coma sempre, da mellor música swing e nunha das salas de referencia de Galicia.

A actividade é gratuíta, tan só tes que aparecer no SalaSon (Rúa do Lirio 30) con ánimo de bailar e roupa cómoda. Non é necesario vir con parella, xa que alí mesmo nos organizamos! Esperámoste o próximo mércores en Cangas!

Advertisements

About Lindy Hop Bueu

Estamos a fináis dos anos vinte no corazón de Harlem, no clube Savoy Ballroom as bandas interpretan os ritmos sincopados e as caóticas melodias do jazz, do swing e do charleston. Nun canto, á dereita do escenario un grupo de persoas bailan e bailan e bailan como se non existise mañán, contaxiando toda a súa enerxía a todos os que alí están. A xente copia pasos que ve, modifícaos e inventa outros novos ata que nace o que se chamou Lindy Hop -que nós coñecemos como os bailes tolos das películas antigas-. Dende Lindy Hop Bueu pretendemos revivir a pequena escala este espírito de baile e diversión na nosa vila mariñeira.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: