Deixar un comentario

O Lindy Hop continúa no Aturuxo

1 Obradoiro 17nov  Aínda que polo de agora as clases xa acabaron, o Lindy Hop non para en Bueu durante o mes de Agosto. Os sábados pola mañán, no horario habitual (de 11:30 a 13h) o swing segue sendo o gran protagonista no Aturuxo Bar.

 Alí nos seguimos reunindo para practicar e continuar bailando. Dado que non hai clases, o que facemos son prácticas libres, nas que está convidada a vir calqueira persoa que lle interese, tanto quen queira descubrir dunha vez que é iso do Lindy Hop do que non para de oir falar, como se é un aunténtico experto na materia.

A idea é que todos bailemos con todos, os que levan máis tempo e os que acaban de chegar. Deste xeito, aínda que non hai profesores durante as prácticas, todo o mundo aprende bailando uns cos outros.

Así que xa sabes, esperámoste este sábado ás 11:30 no Aturuxo. En caso de que algún sábado non poidamos estar avisaremos anter por todos os medios. E se queres estar atentos a todas as nosas novidades, o mellor é que te apuntes á nosa lista de correo ou nos sigas na nosa páxina de facebook.

Advertisements

About Lindy Hop Bueu

Estamos a fináis dos anos vinte no corazón de Harlem, no clube Savoy Ballroom as bandas interpretan os ritmos sincopados e as caóticas melodias do jazz, do swing e do charleston. Nun canto, á dereita do escenario un grupo de persoas bailan e bailan e bailan como se non existise mañán, contaxiando toda a súa enerxía a todos os que alí están. A xente copia pasos que ve, modifícaos e inventa outros novos ata que nace o que se chamou Lindy Hop -que nós coñecemos como os bailes tolos das películas antigas-. Dende Lindy Hop Bueu pretendemos revivir a pequena escala este espírito de baile e diversión na nosa vila mariñeira.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: