Deixar un comentario

Obradoiro para curiosos no Aturuxo Bar

O próximo sábado 6 de Xullo realizaremos un obradoiro para curiosos gratuíto. Todos aqueles que sentides a chamada do baile pero todavía non vos animastes a dar os vosos primeiros pasos, tendes unha nova oportunidade de aprender a bailar Lindy Hop! Será no Aturuxo Bar (Bueu) de 11 a 13h, e aínda que será de iniciación e os pasos son sinxelos, veredes que co que aprendedes chega para botar os primeiros bailes e divertirse. Avisamos de que non é necesario ir en parella!

Despois do obradoiro, a partir das 13h iremos para o bar El Camerino e alí continuará a festa. Pincharemos un pouco de swing para que todos aqueles que se animen poidan por en práctica eses primeiros pasos aprendidos durante a mañán. Anímate a vir a escoitar swing, botar uns bailes, tomar algo e disfrutar das tapas que teñen os fins de semana.

 

Obradoiro para curiosos

Advertisements

About Lindy Hop Bueu

Estamos a fináis dos anos vinte no corazón de Harlem, no clube Savoy Ballroom as bandas interpretan os ritmos sincopados e as caóticas melodias do jazz, do swing e do charleston. Nun canto, á dereita do escenario un grupo de persoas bailan e bailan e bailan como se non existise mañán, contaxiando toda a súa enerxía a todos os que alí están. A xente copia pasos que ve, modifícaos e inventa outros novos ata que nace o que se chamou Lindy Hop -que nós coñecemos como os bailes tolos das películas antigas-. Dende Lindy Hop Bueu pretendemos revivir a pequena escala este espírito de baile e diversión na nosa vila mariñeira.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: