Deixar un comentario

Programación da fin de semana: 21 e 22 de Xuño

21 e 22 de Xuño

Se o tempo nolo permite, isto é todo o que está programado para este venres e sábado en Bueu:

Venres ás 21h: encargaremos unhas pizzas e comerémolas no rúa mentres soa música da que máis nos gusta e botamos unas bailes para ir quentando para a festa. Para apuntarvos á cea, tendes que avisarnos ata o xoves á tarde, para que poidamos organizarnos.

Venres ás 23h: Aló Django tocarán no Aturuxo, unha nova oportunidade de disfrutar de música swing en Bueu e continuar bailando. Cando o concerto remate a festa continuará cunha pinchada no propio Aturuxo Bar a cargo de Lindy Hop Bueu, ata que o corpo aguante!!

Sábado ás 13h: Reunirémonos en Chans (Cela) para facer un picnic swing! Todos estades convidados, tan só tendes que aparecer por alí (seguide a música!) e traer algo de comida e/ou bebida para que poidamos compartir. A información para chegar está aquí.

En caso de que chova o venres á hora da cea ou o sábado á hora do picnic, os plans variarán, pero manterémovos informados aquí e no nosos facebook e twitter, coma sempre.

Advertisements

About Lindy Hop Bueu

Estamos a fináis dos anos vinte no corazón de Harlem, no clube Savoy Ballroom as bandas interpretan os ritmos sincopados e as caóticas melodias do jazz, do swing e do charleston. Nun canto, á dereita do escenario un grupo de persoas bailan e bailan e bailan como se non existise mañán, contaxiando toda a súa enerxía a todos os que alí están. A xente copia pasos que ve, modifícaos e inventa outros novos ata que nace o que se chamou Lindy Hop -que nós coñecemos como os bailes tolos das películas antigas-. Dende Lindy Hop Bueu pretendemos revivir a pequena escala este espírito de baile e diversión na nosa vila mariñeira.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: