Deixar un comentario

Aló Django no Aturuxo

O próximo venres 21 de Xuño, ás 23h, no Aturuxo Bar (Bueu), tocará a banda compostelá Aló Django, un proxecto que busca a súa inspiración “no jazz e na música dos xitanos “manouche” centroeuropeos: o chamado gypsy swing, un estilo lírico, alegre e acústico cuxo máximo representante é Django Reinhardt”, como eles mesmos afirman.

A súa música ten un marcado carácter bailábel, como demostra que xa fixeron unha xira acompañados por unha claquetista, e por iso vos invitamos a todos a que estedes presente no concerto do día 21.

Cando remate o concerto o swing non deixará de soar, xa que vamos por música no Aturuxo ata que as pernas aguanten! Non podedes faltar, vai ser unha festaza!

Advertisements

About Lindy Hop Bueu

Estamos a fináis dos anos vinte no corazón de Harlem, no clube Savoy Ballroom as bandas interpretan os ritmos sincopados e as caóticas melodias do jazz, do swing e do charleston. Nun canto, á dereita do escenario un grupo de persoas bailan e bailan e bailan como se non existise mañán, contaxiando toda a súa enerxía a todos os que alí están. A xente copia pasos que ve, modifícaos e inventa outros novos ata que nace o que se chamou Lindy Hop -que nós coñecemos como os bailes tolos das películas antigas-. Dende Lindy Hop Bueu pretendemos revivir a pequena escala este espírito de baile e diversión na nosa vila mariñeira.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: