Deixar un comentario

Aniversario do nacemento de Frankie Manning

O próximo domingo 26 de Maio, cúmprese o 99º aniversario do nacemento do ilustre lindyhopper Frankie Manning, personaxe fundamental no nacemento e na posterior expansión por todo o mundo do baile que máis nos gusta.

Haberá nese día celebracións a nivel mundial, e en Bueu non imos deixar pasar a oportunidade. Durante a tarde do domingo os alumnos de Lindy Hop Bueu reunirémonos para realizar a coreografía-homenaxe deste ano en diferentes lugares da vila, para espallar este contaxioso baile por todas partes, como fixo Frankie durante toda a súa vida, chegando a ser coñecido como o embaixador do Lindy Hop.

Se o domingo 26 ao final da tarde estás por Bueu dando un paseo, segue a música e acompáñanos nesta celebración!

 

Mapa da celabración do 99º aniversario de Franki Manning

Mapa con todas as celebracións: http://goo.gl/maps/OsKmP

Advertisements

About Lindy Hop Bueu

Estamos a fináis dos anos vinte no corazón de Harlem, no clube Savoy Ballroom as bandas interpretan os ritmos sincopados e as caóticas melodias do jazz, do swing e do charleston. Nun canto, á dereita do escenario un grupo de persoas bailan e bailan e bailan como se non existise mañán, contaxiando toda a súa enerxía a todos os que alí están. A xente copia pasos que ve, modifícaos e inventa outros novos ata que nace o que se chamou Lindy Hop -que nós coñecemos como os bailes tolos das películas antigas-. Dende Lindy Hop Bueu pretendemos revivir a pequena escala este espírito de baile e diversión na nosa vila mariñeira.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: