Deixar un comentario

Novo curso de iniciación ao Lindy Hop

Abrimos un novo curso de iniciación ao Lindy Hop no Aturuxo Bar (Bueu). Será todos os luns de 21.30h a 23h, comezando o 25 de Febreiro con unha clase de proba gratuíta, sen compromiso. Se queres aprender este baile só tes que cubrir o seguinte formulario de inscrición ou aparecer no Aturuxo o día 25. O prezo é de 15€/mes, a partir de Marzo. Se tes algunha dúbida, ponte en contacto connosco. As prazas son limitadas!

clases marzo

Advertisements

About Lindy Hop Bueu

Estamos a fináis dos anos vinte no corazón de Harlem, no clube Savoy Ballroom as bandas interpretan os ritmos sincopados e as caóticas melodias do jazz, do swing e do charleston. Nun canto, á dereita do escenario un grupo de persoas bailan e bailan e bailan como se non existise mañán, contaxiando toda a súa enerxía a todos os que alí están. A xente copia pasos que ve, modifícaos e inventa outros novos ata que nace o que se chamou Lindy Hop -que nós coñecemos como os bailes tolos das películas antigas-. Dende Lindy Hop Bueu pretendemos revivir a pequena escala este espírito de baile e diversión na nosa vila mariñeira.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: