Deixar un comentario

Práctica libre o domingo ás 12 no Aturuxo Bar

Este domingo de 12 a 13:30 estaremos no Aturuxo Bar facendo una práctica libre de Lindy Hop. E en qué consiste una práctica libre? pois será unha especie de clase na que todos seremos alumnos e ao mesmo tempo profesores, practicando o que xa sabemos (algúns) e aportando ideas novas nun ambiente relaxado e divertido.

A práctica é para todo aquel que queira vir, tanto se coñeces o baile a través das clases ou algún obradoiro como se é a primeira vez que vas bailar Lindy Hop. O obxectivo é practicar un pouco antes de festa de fin de ano  e, por suposto, divertirnos e botar unhas risas coma sempre que nos xuntamos a bailar.

É importante que vos apuntedes nesta enquisa, xa que para realizar a práctica necesitamos un mínimo de persoas, se non deixaría de ter sentido.  Confirmade a asistencia no doodle so se estades seguros de que podedes ir, deste xeito teremos unha idea real do número de asistentes.

Advertisements

About Lindy Hop Bueu

Estamos a fináis dos anos vinte no corazón de Harlem, no clube Savoy Ballroom as bandas interpretan os ritmos sincopados e as caóticas melodias do jazz, do swing e do charleston. Nun canto, á dereita do escenario un grupo de persoas bailan e bailan e bailan como se non existise mañán, contaxiando toda a súa enerxía a todos os que alí están. A xente copia pasos que ve, modifícaos e inventa outros novos ata que nace o que se chamou Lindy Hop -que nós coñecemos como os bailes tolos das películas antigas-. Dende Lindy Hop Bueu pretendemos revivir a pequena escala este espírito de baile e diversión na nosa vila mariñeira.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: