Deixar un comentario

Fin de ano de Swing

Fin de ano de Swing
Despois de pasar un ano tan difícil como o 2012, con fin do mundo incluído, non merecemos un fin de festa tolo? Pois si, pero claro, é Fin de Ano, e o tolo non quita o elegante. Por iso propoñémosvos unha festa que reune as dúas cousas: un Fin de Ano de Swing!

Pois iso, despois das uvas, todos ao Aturuxo a bailar charleston, e todos os frenéticos ritmos da era do Swing!! Prometemos baileretada, glamour, diversión, risas… e se non conseguimos nada diso, polo menos poderedes escoitar boa música.

Dress Code: non hai, de feito, se alguén vén en chandal será o rei/raíña da noite. Pero se vos apetece poñervos trapiños vintages, aquí algunhas ideas.

Rapaces: Traxe, gravata / lazo, sombreiro / boina, tirantes, chaleco, unha flor na solapa da americana… non fai falta superpoñer todo isto, son só ideas, pero o pelo engominado sempre queda ben 😉

Rapazas: Vestidos con flocos, ou sen eles pero con algo de voo; saias de tubo e americanas, sombreiros elegantes, tocados, flores ou plumas no pelo, zapatos de tacón (ou tenis tipo Victoria para bailar all night long!), algún broche… para vós hai mil millóns de posibilidades!

Se queredes máis ideas aquí: http://pinterest.com/lindyhopbueu/moda-vintage/

Evento en Facebook
ENTRADA GRATUITA!!!
Advertisements

About Lindy Hop Bueu

Estamos a fináis dos anos vinte no corazón de Harlem, no clube Savoy Ballroom as bandas interpretan os ritmos sincopados e as caóticas melodias do jazz, do swing e do charleston. Nun canto, á dereita do escenario un grupo de persoas bailan e bailan e bailan como se non existise mañán, contaxiando toda a súa enerxía a todos os que alí están. A xente copia pasos que ve, modifícaos e inventa outros novos ata que nace o que se chamou Lindy Hop -que nós coñecemos como os bailes tolos das películas antigas-. Dende Lindy Hop Bueu pretendemos revivir a pequena escala este espírito de baile e diversión na nosa vila mariñeira.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: