Deixar un comentario

Obradoiros en Ourense

O pasado sábado 15 de Decembro fixemos dous obradoiros de Lindy Hop en Bayamo Estudio de Baile (Ourense). Alí tivemos o pracer de coñecer un grupo de xente fantástica súper activos, con moitas ganas de pasalo ben e que sabían aprender dos seus erros rindo e cooperando.

Foto de Otis Lobisome

Foto de Otis Lobisome

Moitas grazas a Eva por facer isto posíbel, grazas a Paula, Álvaro e Mila por acollernos e prepararnos deliciosos manxares para cear e xantar, e claro, por nos ensinar a vida noctura de Ourense.

Grazas a todos os participantes, fostes os grandes protagonistas! Estade atentos que aínda temos que conseguir os vídeos e os colgaremos por aquí.

 

Advertisements

About Lindy Hop Bueu

Estamos a fináis dos anos vinte no corazón de Harlem, no clube Savoy Ballroom as bandas interpretan os ritmos sincopados e as caóticas melodias do jazz, do swing e do charleston. Nun canto, á dereita do escenario un grupo de persoas bailan e bailan e bailan como se non existise mañán, contaxiando toda a súa enerxía a todos os que alí están. A xente copia pasos que ve, modifícaos e inventa outros novos ata que nace o que se chamou Lindy Hop -que nós coñecemos como os bailes tolos das películas antigas-. Dende Lindy Hop Bueu pretendemos revivir a pequena escala este espírito de baile e diversión na nosa vila mariñeira.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: