Deixar un comentario

Nace a Asociación Cultural Ghastas Pista Swing

Na pasada festa do II Aniversario de Lindy Hop Bueu presentouse en sociedade a recentemente creada Ghastas Pista Swing, a primeira asociación de música e bailes swing de Galicia 🙂

A partir de agora, a actividade de Lindy Hop Bueu como comunidade de afeccionados aos bailes swing pasará a integrarse dentro da asociación, coa intención de aglutinar e así facer un mellor traballo na difusión dos bailes swing e a súa cultura asociada.

Se queres formar parte desta nova aventura, podes facerte socio nesta ligazón e colaborar na asociación.

Ghastas Pista Swing

Deixar un comentario

2º aniversario de Lindy Hop Bueu

Neste mes de Novembro cúmprese o 2º aniversario do nacemento de Lindy Hop Bueu cos primeiros obradoiros de lindy hop no Aturuxo Bar.
O día 22 celebrarémolo no mesmo lugar onde todo comezou! A partir das 23.30 teremos unha festa moi especial chea de sorpresas.
Entre outras cousas, volveremos a facer o concurso de baile “Jack & Jill están tolos”, onde se volverá a valorar a actitude, a musicalidade e a creatividade dos participantes! Podes participar sexas lindyhopper ou non 🙂

Aquí podedes ler as bases, e nesta ligazón podedes acceder ao formulario de inscrición.

2º aniversario de Lindy Hop Bueu

Deixar un comentario

Compostela Swing On Weekend

O fin de semana do 24, 25 e 26 de Outubro, Swing On School leva o swing á cidade de Compostela. Cinco obradoiros, unha clase aberta e unha festa swing compoñen as actividades do Compostela Swing On Weekend. Toda a info en http://swingonvigo.com/compostela-swing-on-weekend/

Compostela Swing On Weekend

Deixar un comentario

Clases abertas de Lindy Hop

Esta semana Swing On School abre tres grupos novos de iniciación ao Lindy Hop, en Bueu, Vigo en Pontevedra. A primeira clase de cada grupo, como é habitual, será una clase aberta para que a xente poida probar este enérxico baile de forma gratuíta e sen compromiso. As datas das clases abertas son as seguintes:

Luns 29 de Setembro, 20h – Estouche Ben! (Pontevedra)

Venres 3 de Outubro, 18.30h – Teatro Danza Atrezo (Vigo)

Sábado 4 de Outubro, 12.30h – Aturuxo Bar (Bueu)

Para asistir ás clases abertas non é necesario inscribirse en ningures, pero se xa tes claro que non queres quedar sen praza, podes facer a isncrición para as clases aquí.

Deixar un comentario

Estrea de Swing On DJs no Aturuxo Bar!

Con unhas cantas festas swing ás súas costas, Elena e Jorge, profes da escola Swing On deciden consolidarse como DJs grazas a un acertadísimo regalo que os alumnos fixeron polo seu cumpreanos a Elena.

O regalo consistiu nun lote de singles, entre os que se atopan Ella Fitzgerald, Fats Waller, Peggy Lee, Louis Armstrong e moitos máis.

O próximo 13 de Setembro será a estrea megamundial no Aturuxo de Swing On DJs, combinando o glorioso vinilo, con medios dixitáis, algo menos dignos.

Esperamos vervos alí, non ides a poder parar de bailar!!

Swing On DJs no Aturuxo Bar (Bueu)

Deixar un comentario

Obradoiros en Agosto de Swing On School

Durante o mes de Agosto Swing On School para as clases pero continúa ofrecendo moitas actividades relacionadas cos bailes swing. Hai programados unha serie de obradoiros que podedes ver aquí resumidos. Entre eles podemos atopar:

Obradoiro de iniciación ao Lindy Hop: Para aquelas persoas que queren comezar a dar os seus primeiros pasiños, ou os que queren repasar as bases

Obradoiros con Elena e Jorge (Swing On School): Variada lista de obradoiros entre os que destacamos Aéreos, Vintage Jazz, California Routine ou Jazz up your lindy hop. Se te apuntas a polo menos 4 obradoiros, un sáeche gratis.

Obradoiros con María Sanz (Barcelona): María Sanz leva anos metida nos bailes swing e este verán estará en Vigo ofrecendo un obradoiro de Big Apple, outro de iniciación de Blues y outro de Súper Followers. Unha gran oportunidade!

Ademáis dos obradoiros, estanse organizando máis eventos para este verán, que teremos actualizados na nosa páxina, podes comprobalo aquí.

Obradoiros de verán swing on school vigo

Deixar un comentario

Intensivo de Lindy Hop en Santiago de Compostela

Unha nova oportunidade de aprender a bailar en Galicia! Despois de participar na Romaría Pop con dous obradoiros de lindy hop Swing On School volta a Santiago de Compostela para dar un intensivo de 6 horas repartidas en dous días. Serán o 8 e 9 de Xullo, de 18h a 21.30 (con media horiña de descanso) en Gallaecia in Armis (Avenida de Lugo 199 1º andar, Santiago). O prezo é de 25€ se te inscribes antes do 30 de Xuño, e as prazas son limitadas.

Con este intensivo prometen que aprenderás o suficiente para pasalo en grande nas nosas festa e poder bailar con tódolos demáis lindyhoppers galegos 🙂

Toda a información e o formulario de inscrición están aquí: http://swingonvigo.com/

 

Intensivo de Lindy Hop en Santiago de Compostela